ASOCIACIÓN ASTRONÓMICA DE OURENSE - AAO

                                                              CEO DO MES

 
 
 

 

CARTA CELESTE

Agosto orientado cara ao Norte

A liña que une a Osa Maior con Casiopea aparece horizontal, con ambas as constelacións situadas nos lados opostos respecto ao polo celeste, marcado pola polar. Ao longo da noite, a rotación da terra fai que todo o firmamento pareza virar arredor desta estrela.
Na altura vese a estrela branca azulada Veiga, a máis brillante desta tempada. Xunto con Deneb ao leste e Altaír cara ao sur, conforma o triangulo do verán, un asterismo característico do estío. A Vía Láctea,
formada polos brazos espirais da Galaxia, álzase polo Nordeste e atravesa o triángulo.

Agosto orientado cara ao Sur

A Vía Láctea domina os ceos dos lugares escuros en noites sen lúa.
Esténdese ao longo do Cisne e continúa xunto a Altaír na Águia. O brillo da Vía Láctea reálzase nun pequeno borrón contido na pequena constelación do Escudo (Scutum) e tamén, algo despois, en Saxitario (Sagitarius) e Escorpio (Scorpius).
Nesta zona aseméllase a un conxunto de nubes relucentes. Estas nubes estelares están situadas no centro da nosa Galaxia, obsevable cara ao Sur nesta época. O perfil curvado de Escorpio faino inconfundible, aínda que a cola deste asterismo caluga chega a asomar enteira sobre o horizonte

   

CARTA CELESTE:

Octubre orientado cara ao Norte

A Osa Maior roza o horizonte ao Norte. En posición simétrica respecto do polo
celeste, a raíña Casiopea ascende polo Nordeste. Por baixo da “W” de Casiopea reloce
nas estrelas da súa filla Andrómeda e Perseo o heroe que rescatou Andrómeda do
monstro mariño representado pola balea, que tamén se distingue baixa cara ao sur.
Deneb, a estrela máis setentrional do triángulo de verán, brilla cerca do cénit. Outras
dúas estrelas brillantes aparecen cerca do horizonte setentrional: Arturo a piques de
pórse ao noroeste e Capella, que sae polo nordeste.

Octubre orientado cara ao SUR

Saxitario e o centro da galaxia afúndense cara ao horizonte sudoccidental. Cara ao sur
apréciase un triángulo de estrelas débiles que marcan a posición de Capricornio. Máis
abaixo brilla, solitaria, Fomalhaut no Peixe Austral. As estrelas do triángulo de verán,
Altair, Deneb e Veiga caen agora cara ao oeste e dominan os ceos desa zona durante o
outono. Con todo, as constelacións verdadeiramente características do outono entran
en escea pouco a pouco desde o leste, o cadrado do cabalo Pegaso á beira e á cabeza,
marcado por un grande cadrado de estrelas.

   

CARTA CELESTE de Decembro

Decembro orientado cara ao Norte
Aínda poden verse as persistentes estrelas do Triángulo de Verán, aínda
que se ocultan rapidamente polo noroeste. A osa maior roza o horizonte
setentrional, mentres que a raíña Casiopea alcanza o punto máis alto do
seu percorrido anual. á dereita de Casiopea (leste) distínguese a figura en
forma de E do heroe Perseo. Por baixo de Perseo relocen algunhas das
estrelas do inverno: Capella, xa bastante alta ao nordeste, e as estrelas
xemelgas Cástor e Pólux aparecen sobre o horizonte.

Decembro orientado cara ao Sur
O cabalo alado Pegaso voa alto polo sur e a princesa encadeada
Andrómeda empeza a descender das alturas. Máis ao sur, o ceo aparece
poboado polas débiles constelacións “acuosas”, Piscis, Acuario, Ceteus, e
o río Erídano (Eridanus), todas difíciles de distinguir entre o fulgor dos
ceos urbáns. Pero xa os luminares do inverno están a piques de substituír
as constelacións escuras do outono. Cara ao leste, como encerellados
nunha loita achéganse enfrontados ao cazador Orión e o touro de Tauro
(Taurus) repletos de estrelas. En Tauro destaca o cúmulo estelar das
Pléyades, observable a primeira ollada.

AÑO I - 2010 ENERO

CON ESTE Nº1 DEL “BOLETÍN MESSIER” COMIENZA UNA NUEVA ETAPA INFORMATIVA DE NUESTROS CIELOS, MES A MES, TRIMESTRE A TRIMESTRE.
EN FORMATO PDF, QUE ESTA A DISPOSICIÓN DE TODOS NUESTROS SOCIOS, ES ESTE MOMENTO YA TENEMOS ELABORADOS LOS DOS PRIMEROS NÚMEROS.
ES UN BOLETÍN, CON TODA LA INFORMACIÓN Y CON FOTOGRAFÍAS DE CIELO PROFUNDO ( GALAXIAS, NEBULOSAS, CÚMULOS, ESTRELLAS DOBLES, PLANETARIA)
EXPONES DATOS  DE LOS DETALLES MAS IMPORTANTES DE LAS FASES LUNARES Y SOBRE LA EVOLUCIÓN DEL SOL.
ESTA COMPUESTO POR LOS TRABAJOS Y FOTOGRAFÍAS REALIZADAS POR NUESTROS SOCIOS Y SU DISTRIBUCIÓN ESTA SIENDO REALIZADA EN DISTINTAS WEBS DE ENTES PUBLICAS Y PRIVADAS.
DESDE ESTAS PRIMERAS LÍNEAS QUEREMOS DESDE LA AAO, DAR LAS GRACIAS A LA INICIATIVA DE NUESTRO COMPAÑERO, JUAN CARLOS.